Homesociedade41.000 euros na mellora de espazos públicos do Saviñao

41.000 euros na mellora de espazos públicos do Saviñao

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de executar obras de mellora de espazos públicos no municipio do Saviñao cun investimento de 41.800 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actuacións consistiron na mellora do campo da festa da parroquia de Reiriz e no acondicionamento dunha pequena área de lecer na zona colindante coa estrada da Besta (parroquia de Vilelos). Os traballos foron cofinanciados pola Administración autonómica -que aporta un 70%- e o Concello no marco do PlanHurbe, que ten por obxecto apoiar ás entidades locais na execución de actuacións que contribúan a crear, mellorar ou humanizar espazos de uso público.

Así, unha parte do campo da festa de Reiriz pavimentouse cunha soleira de formigón e instaláronse bancos. Pola súa banda, na Besta actuouse nun terreo que linda coa estrada e que, tras varias intervencións para ensanchar a vía, estaba sen pavimentar e supoñía un problema de salubridade para a veciñanza. Ademais de canalizar as augas pluviais, dotouse este lugar dun pavimento de formigón con areas pardas para facelo máis estético e colocáronse bancos e cinco aparellos de exercicio biosaudable.

O delegado da Xunta destacou que as obras permitiron por un lado “recuperar un espazo degradado para convertelo nunha zona rexenerada a disposición da cidadanía”, e polo outro “mellorar a situación do campo da festa de Reiriz, un espazo de celebración e convivencia para os veciños e veciñas desta parroquia”.

ÚLTIMAS

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que abre prazo extraordinario para cubrir vacantes

Xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas...

Prodeme participa no Meeting Internacional Special Olympics 2025

Son 9 os deportistas de PRODEME quen viaxaron a Castelló, 7 xogadores compiten na...