HomesociedadeAberto o prazo de reserva para as rutas fluviais por Ribeira Sacra

Aberto o prazo de reserva para as rutas fluviais por Ribeira Sacra

A Deputación de Lugo abre o prazo de reserva das dúas rutas fluviais que ofrecerá a institución provincial polos ríos Miño e Sil a partir do día 19 de marzo e ata finais de ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde este xoves, as persoas interesadas en coñecer a Ribeira Sacra a bordo dos catamaráns da Deputación de Lugo xa poden acceder á páxina web reservas.rutasembalses.es, ou ben de luns a venres, de 09:00 a 14:30 horas, no correo electrónico catamaranes.turismo@deputacionlugo.org ou no teléfono 982.260.196. 

O servizo de catamarán funcionará adaptándose ás medidas establecidas polas autoridades sanitarias en cada momento e seguindo protocolos propios da institución provincial no marco da súa actuación para extremar a prevención e a contención da Covid-19. Ao igual que a temporada pasada, o aforo das embarcacións verase reducido á metade e a frecuencia das viaxes está adaptada para evitar que nos embarcadoiros se produzan concentracións de persoas. Manteranse os dous percorridos: a Ruta Fluvial Canón do Sil, que parte do embarcadoiro da Deputación Ponte de Sil, en Monforte de Lemos; e a Ruta Fluvial do Cabo do Mundo, que transita polo Saviñao, Pantón e Chantada.

No caso da ruta fluvial Canón do Sil funcionarán dúas travesías cunha capacidade total de 159 prazas, distribuídas 107 no catamarán Mencía e 52 no monocasco Canón do Sil. Pola súa banda, a ruta fluvial Cabo do Mundo contará cunha capacidade total de 72 viaxeiros.

No mes de marzo, navegarán do venres 19 ao domingo 21 e do sábado 27 ao mércores 30, mantendo os horarios de mañá e tarde. Nos próximos meses de abril e maio as rutas serán de mércores a domingo e, con motivo do Día das Letras Galegas, tamén o luns 17 de maio. En xuño, xullo, agosto, e ata o 12 de setembro haberá rutas de luns a domingo, en horario de mañá, tarde e noitiña. A partir do 12 de setembro e ata a ponte de decembro pasarán a funcionar de mércores a domingo con dúas viaxes por día. 

10 postos vacantes

A Axencia de Colocación da Deputación de Lugo mantén aberto o proceso de selección de 10 postos vacantes para a prestación do servizo de rutas en catamarán pola Ribeira Sacra. Un servizo que a institución provincial lle encargou á empresa pública Tragsa, que é medio propio da Deputación dende finais do ano 2019.

Precísanse 6 persoas para desenvolver os labores de informador de turismo, 2 para o de mariñeiro e 2 para o de patrón portuario da mariña mercante. Estas persoas desenvolverán o seu traballo dende o inicio da temporada, que arrancará o vindeiro 19 de marzo. 

A información completa do proceso de selección pódense consultar na web da Axencia de Colocación da Deputación de Lugo: https://deputacionlugo.portalemp.com/

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...