HomesociedadeO Incio reparte composteiros domésticos

O Incio reparte composteiros domésticos

O Concello do Incio vén de adherirse ao programa de compostaxe doméstico de Sogama a través do cal repartirá nos vindeiros días un lote de 25 composteiros domésticos individuais aos veciños e veciñas que os soliciten, de xeito totalmente gratuíto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os composteiros poden instalarse no exterior das vivendas ou nas eiras anexas. Trátase de colectores duns 300 litros de capacidade, que veñen acompañados dun pequeno manual de instrucións no que se explica cómo realizar o proceso da compostaxe de xeito correcto.

O Goberno local considera que a compostaxe é parte da solución para contribuír á redución da pegada medioambiental, para mellorar a nosa contorna e reducir a factura do lixo. Son residuos que non van producir contaminación e que se van aproveitar para xerar enriquecemento do solo dentro da propia vivenda. O proceso é limpo, non produce cheiros e non necesita mantemento.

Con esta técnica, ademais da obtención de compost, conséguense importantes beneficios ambientais e económicos, tendo en conta que os concellos poden ver reducida a frecuencia de recollida do lixo convencional, así como o importe da factura que deben pagar a Sogama pola xestión e tratamento da bolsa negra.

As persoas interesadas en facerse cun destes colectores domésticos poden solicitalo no Concello do Incio en horario de oficina chamando ao teléfono 982 42 70 14. 

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...