HomesociedadeTres días de Outlet de inverno en Sarria

Tres días de Outlet de inverno en Sarria

ACES - CCU Sarria desenvolve durante os días 4-5-6 de marzo a sexta edición do "Outlet de inverno". Este ano, dada a situación epidemiolóxica actual, decidiuse ampliar a tres días esta actividade, o que axudará a non crear aglomeracións nin situacións que poidan poñer en perigo a saúde pública

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Entre o xoves 4 e o sábado 6 de marzo, preto dunha trintena de establecementos de ACES participarán nunha campaña de grandes descontos organizada e promovida polo Centro Comercial Urbano de Sarria- ACES, en colaboración co Concello de Sarria.

O lugar escollido para celebrar esta actividade serán os propios comercios participantes, ao igual que nas anteriores edicións, en horario comercial habitual de mañá e tarde. Nas zonas “Outlet” dos comercio contarase con prezos “super-recortados” do excedente da tempada de rebaixas de invierno ou stock existente de tempadas anteriores.  

Un distintivo visible nos escaparates, identificará os comercios participantes neste outlet que ten como lema “Recortamos os prezos”. 

Esta iniciativa ten como obxectivo principal impulsar e facer promoción do comercio de proximidade nun momento moi complexo para as vendas; con precaución e seguindo todos os protocolos de seguridade fronte a Covid-19. Os establecementos participantes pertencen na súa maioría ao sector da moda e calzado. 

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...