HomesociedadeHoubo fraude no proceso selectivo para Policía Local do concello de Monforte?

Houbo fraude no proceso selectivo para Policía Local do concello de Monforte?

O pasado 26 de febreiro presentáronse 14 opositores dos 301 rexistrados. Destes, 2 superaron a primeira proba.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Federación de Atención á Cidadanía de USO-Galicia tiña solicitado modificar a data do primeiro exercicio do proceso selectivo para Policía Local de Monforte de Lemos. A proba fixábase para o 26 de febreiro coincidindo co proceso de AGASP, Academia Galega de Seguridade Pública e a petición de USO Galicia foi desestimada.

Segundo USO-Galicia presentáronse ó exame 14 dos 301 opositores rexistrados á proba, “Cumpríase así coa denuncia sobre que a coincidencia de datas entre este proceso e o convocado por AGASP ía afectar ao 90% dos rexistrados.”

Deste modo reducíronse a 14 os aspirantes para a oferta de 3 prazas a Policía Local, dos que 2 superaron o primeiro exame cunha nota moi por encima dos demais. Tras a realización da proba, varios opositores puxéronse en contacto con USO-Galicia para manifestar a presunta fraude no proceso, “Tendo en conta que a maior nota obtida corresponde a un membro das mocidades socialistas, cremos que todo se podería evitar se desde a corporación municipal atenderan as peticións de modificación da data de exame ante a coincidencia coas probas da AGASP.”

Ante estes resultados desde USO-Galicia aseguran que farán o necesario para que se aclare se houbo unha “manifesta intencionalidade de amaño” no proceso selectivo.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...