HomesociedadeO Presidente da Deputación recibe ao piloto de motos Eduardo Iglesias

O Presidente da Deputación recibe ao piloto de motos Eduardo Iglesias

Iglesias portou durante o Rally Dakar, o escudo da Deputación e a imaxe turística da provincia, favorecendo a proxección de Lugo a nivel internacional.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañado da Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto,  recibiu  este martes na Praza de San Marcos ao piloto de motos monfortino Eduardo Iglesias, quen competiu no Rally Dakar 2021, celebrado a finais de xaneiro, co apoio da institución provincial. O deportista conseguiu acabar a proba por segundo ano consecutivo, situándose nesta edición no posto número 53, e converténdose no único piloto galego en rematar esta proba. 

A institución provincial patrocinou a Eduardo Iglesias na competición celebrada en Arabia Saudita, como xa fixo na primeira participación do piloto. O deportista portou o escudo da Deputación e a imaxe turística da provincia na moto e no uniforme co que competiu, o que supón unha proxección internacional da provincia de primeira orde, pois preto de 200 países emiten o Rally Dakar, reunindo a 5 millóns de espectadores en directo en cada etapa e obtendo 54 millóns de visitas en internet.

Durante a recepción, José Tomé Roca aproveitou a ocasión para felicitar ao piloto monfortino pola súa participación e os seus logros na competición e entregoulle o Dicionario da Comida Galega e unha insignia institucional. Pola súa parte, Eduardo Iglesias fíxolle entrega ao Presidente dunha camiseta e dunha foto da súa participación no Rally Dakar 2021. 

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...