HomesociedadeA Xunta poñerá en valor soutos e viñedos de Paradela

A Xunta poñerá en valor soutos e viñedos de Paradela

O conselleiro do Medio Rural, José González, vense de reunir co alcalde de Paradela, José Manuel Mato, para coñecer as necesidades do agro neste municipio lugués e para avanzar na recuperación e posta en valor dos seus terreos para potenciar os tres usos do solo, agrario, gandeiro e forestal.

Publicado o

POR
REdacción
- Advertisement -

No encontro, o conselleiro solicitou ao alcalde información sobre as zonas de localización de soutos de castiñeiros dentro do termo municipal, con vistas a delimitar os seus perímetros e recuperar esa riqueza para os veciños. Así, a Xunta e o Concello traballarán para poñer en valor o Espazo Natural de Interese Local Loio-Ruxidoira, que conta con 437 hectáreas de extensión, co fin de aproveitar as posibilidades que ofrece especialmente pola riqueza dos seus soutos. Tamén se exploraron as oportunidades que ofrece o territorio municipal para o cultivo do viño na denominación de orixe Ribeira Sacra, dentro da subzona de Ribeiras do Miño.

Outro dos asuntos tratados foi a posibilidade de poñer en marcha un polígono agroforestal arredor do núcleo de Aldosende, o que permitirá proceder á actualización do catastro e á reorganización da propiedade para destinar os terreos a actividades gandeiras. Neste sentido, os responsables da Consellería destacaron que a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, actualmente en trámite no Parlamento, dará carta de natureza legal a este tipo de figuras, xunto a outras ferramentas como as aldeas modelo ou as agrupacións de xestión conxunta. Con todas elas perséguese optimizar e mellorar a produtividade dos terreos agrogandeiros e forestais, mediante o agrupamento e recuperación dos predios.

En relación co aproveitamento forestal, neste encontro abordouse tamén a posible inclusión dalgún dos soutos do municipio no rexistro de masas consolidadas de frondosas autóctonas. Este trámite permite aos titulares destes terreos ter prioridade nas axudas públicas para mellora silvícola das masas, así como beneficiarse de vantaxes fiscais na súa xestión.

ÚLTIMAS

“Eu sempre teño a porta aberta”, Javier Monterde, avogado na Pobra do Brollón

Javier Monterde Piguillen naceu en Barcelona, no barrio da Sagrada Familia, e o seu...

Unha consultora especializada redactará as bases para a renovación do contrato da auga en Monforte

A Xunta de Goberno Local de Monforte deu luz verde á contratación dos traballos...

“Stop agresións”, o 5 de febreiro ás 12:00 concentración do Hospital de Monforte

Segundo o sindicato, a Dirección do Hospital Comarcal de Monforte ten que tomar as...

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Este concurso, convocado pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo,...