HomesociedadeO Sergas prepara un cribado poboacional esta fin de semana en Paradela

O Sergas prepara un cribado poboacional esta fin de semana en Paradela

Serán convocadas unhas 300 persoas de entre 30 e 70 anos

Publicado o

- Advertisement -

O Sergas anuncia que realizará un cribado poboacional no concello de Paradela a vindeira fin de semana por mor da elevada incidencia. Serán citadas unhas 300 persoas de entre 30 e 70 anos co obxectivo de descubrir posibles asintomáticos.

O xerente da área sanitaria, Ramón Ares Rico, explicou que as probas PCR efectuaranse na tarde do venres e na mañá do sábado no centro de saúde, cun funcionamento similar ás xa realizadas no concello veciño da Pobra do Brollón.

Actualmente, hai 14 casos activos no municipio de Paradela, o que se traduce nunha incidencia acumulada de 750 casos por 100.000 habitantes nas últimas dúas semanas.

Segundo o acordado na última reunión do comité clínico, tanto Paradela como A Pobra do Brollón terán restricións de nivel máximo, o que implica peche perimetral.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...