HomesociedadeQuiroga avanza na consecución do seu primeiro cemiterio municipal

Quiroga avanza na consecución do seu primeiro cemiterio municipal

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, reúnese en Santiago co Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, para pesentarlle o proxecto do novo cemiterio; cuestión que se comprometeu a estudar para poder chegar a un acordo de colaboración.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Quiroga traballa no proxecto de construír un cemiterio, o primeiro de carácter municipal, pola necesidade de contar cun lugar para acoller aos defuntos, posto que o cemiterio da parroquia de Quiroga xa non ten dispoñibilidade de máis terreo.

A nova construción levantaríase unida ao cemiterio parroquial e comunicados entre si, aínda que o actual seguiría sendo de carácter eclesiástico e o novo, municipal.

Na xuntanza, na que estaba presente ademais a nova directora xeral da Administración Local da Xunta, Natalia Prieto, tamén se expuxo a necesidade de cubrir a praza de Secretaría e Intervención do concello quirogués.

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...