HomesociedadeParadela suspende "ata as misas" para frear os contaxios

Paradela suspende “ata as misas” para frear os contaxios

O alcalde, José Manuel Mato, agradece a "responsabilidade" dos veciños e asegura que os casos xa están baixando.

Publicado o

- Advertisement -

O municipio de Paradela, con 14 casos de contaxiados por Covid-19 sobre unha poboación de 1.800 veciños e unha incidencia disparada con máis de 600 por cada 100.000 habitantes en 14 días, viuse obrigado a suspender “ata as misas”.

O alcalde desta localidade, José Manuel Mato, eloxiou a “responsabilidade” dos veciños que están “bastante concienciados” con esta alta taxa de contaxios e que converteu a Paradela no único municipio de Lugo que se atopa coas máximas restricións establecidas pola Xunta de Galicia para frear a cadea de contagios.

Mato asegurou que “a situación mellorou bastante a día de hoxe con respecto aos últimos días”. “Temos 14 positivos que é o que nos levou por índice de poboación a esa restrición, hoxe mesmo baixou en dous casos e prevese que esta semana poidan recibir a alta a metade “, aseverou.

Os “positivos” atópanse “confinados nas súas casas”, comentou. “Antes de fin de mes estaremos en cero casos como era habitual”, abundou.

Dos veciños, constata que “non” saen “moito” para engadir seguidamente que “este gromo concienciou moito máis, se se pode dicir así, porque xa os veciños estaban bastante concienciados do risco que corrían todos e estaban a levar unha vida con bastante cautela, sen reunións sociais”.

Esa “concienciación” intensificouse agora, puntualizou Mato, quen advertiu que se chegaron a “suspender misas” nas distintas parroquias de Paradela. “Isto fai que nós esteamos moi tranquilos neste momento dado que tamén está a remitir o gromo”, concluíu o rexedor.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...