HomesociedadeMonforte estrea a nova pista de skate do parque da Compañía

Monforte estrea a nova pista de skate do parque da Compañía

Inaugurada a nova Pista de Skate de Monforte, que se ubica na parte media do extremo sur do Parque da Compañía. A obra executouna a empresa Obras y Servicios Gómez Crespo S.L., por un importe de 64.737,42 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A nova pista de Skate construíuse sobre unha superficie duns 253 m2 e conta cunha combinación de módulos de rampas e tobogáns, así como tubos e railes “grindrails”, que permitirán a realización de gran variedade de trucos ós afeccionados á práctica deste deporte.

Ademais, acondicionáronse as marxes da pista coa construción cunha beirarrúa perimetral e procedeuse á recolocación dos 6 aparellos de exercicios de musculación existentes, dentro de zona anexa á pista de Skate. 

Os aparellos de exercicios de musculación colocáronse na súa nova ubicación dentro de zona anexa á pista de Skate, reacondicionada durante a obra. Para iso, realizouse o reformulo das fixacións dos aparellos, abrindo para cada un dos seus puntos de fixación un oco de cimentación de ancho 15×15 cm. e profundidade segundo determina o elemento de fixación, poste ou estrutura de anclaxe, con posterior formigonado de dita fixación colocada aplomada no oco. Finalizando todo coa montaxe definitiva dos aparellos e o acondicionamento da superficie da base do aparello en zahorra, de forma que non queda ó descuberto a cimentación creada.

“O Equipo de Goberno” conclúe o Alcalde, “segue a levar a cabo obras de mellora nas infraestruturas urbanas da cidade, e neste caso, dotando dun novo equipamento que era moi demandado pola xente nova de Monforte. O compromiso que mantemos cos monfortinos e monfortinas segue a ser firme, e seguiremos apostamos por dotar de novos servizos e infraestruturas á nosa cidade, atendendo ás necesidades de todos os colectivos.”

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...