HomesociedadeCursos de balde para desempregados no IES A Pinguela

Cursos de balde para desempregados no IES A Pinguela

O IES A Pinguela de Monforte acolle nos próximos meses cursos AFD destinados a persoas desempregadas que estean inscritas no Servizo Público de Emprego. Os cursos son de balde e as prazas son limitadas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Do 7 de abril ao 15 de xullo contarase cun curso de Servizos auxiliares de salóns de peiteado. O horario será de 16.00 a 21.00 ata completar un total de 348 horas.

Do 7 de abril ata o 30 de xullo desenvolcerase o curso de Arranxos e adaptacións de prendas e artigos de téxtil e pel. A actividade terá un total de 408 horas en horario de 16.00 a 21.00.

O último curso será o de Sistemas Microinformáticos. Desenvolverase do 23 de abril ao 18 de novembro en horario de 16.00 a 21.00 ata completar 618 horas.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...