Homesociedade"Sober é Qalidade" humaniza a súa rede de miradoiros

“Sober é Qalidade” humaniza a súa rede de miradoiros

O Concello de Sober vén de presentar o proxecto ‘Sober é Qalidade’ co obxectivo de promover a súa rede de miradoiros, que a finais de 2020 foi distinguida pola Instituto para a Calidade Turística de España como Espazo Público Singular. Trátase dun recoñecemento que só teñen cinco espazos en España.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto “Sober é Qalidade” quere amosar o turismo de calidade dunha maneira próxima e humana a través dos profesionais de diferentes sectores que desenvolven a súa actividade no Concello. Ao longo dos próximos meses, os dez miradoiros de Sober serán os protagonistas a través da visita dos profesionais dos establecementos turísticos, restauradores, viticultores, guías, oleiros, empresarios, “para dar conta da beleza e singularidade do noso patrimonio,” sinalan desde o Goberno local. 

Nas redes sociais do Concello de Sober irase presentando unha paisaxe humanizada a través das súas xentes ao tempo que se irá dando a coñecer a oferta turística do municipio para atraer novos visitantes. 

A maiores, faranse actividades promocionais para todos os públicos, como concertos, cursos de iniciación á fotografía, cursos de pintura ao aire libre, cursos de cata, observación de estrelas e de aves, xornada de lectura interpretada, así como unha xornada de portas abertas á igrexa de San Xoán de Lobios para contemplar os seus murais.

Os nenos tamén terán o seu espazo nesta programación con cursos de pintura, contacontos, e visita ás pinturas murais de Lobios, entre outros. A proposta completarase con publicacións específicas de cada miradoiro, así como cunha guía de rutas turísticas.

O alcalde, Luis Fernández Guitián, explica que “imos promocionar os nosos miradoiros, atraer turistas e mellorar a sinalización e accesos, ao mesmo tempo que damos a coñecer a través dos nosos profesionais a enorme oferta cultural, gastronómica e turística que temos en Sober”.

ÚLTIMAS

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que abre prazo extraordinario para cubrir vacantes

Xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas...

Prodeme participa no Meeting Internacional Special Olympics 2025

Son 9 os deportistas de PRODEME quen viaxaron a Castelló, 7 xogadores compiten na...