Homesociedade40 anos da Feira do Viño de Quiroga nunha exposición no auditorio

40 anos da Feira do Viño de Quiroga nunha exposición no auditorio

O Concello de Quiroga presenta a exposición “40 anos da Feira do Viño de Quiroga”. Esta actividade forma parte do programa Lembranzas da Feira do Viño que ten como obxectivo a conmemoración deste evento que, de non ser pola situación sanitaria, celebraríase en vindeiros días.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A exposición reúne un elevado número de  botellas, carteis e outros materiais que forman parte das distintas edicións da Feira ao longo dos seus corenta anos de historia. A través dela coñécese e recoñécese aos  colleiteiros e persoas que  contribuíron a que Feira do Viño de Quiroga sexa un referente entre os certames vitivinícolas de Galicia, “o mellor escaparate de promoción do concello e unha data sinalada na axenda dos quirogueses e visitantes para a xuntanza e a festa con amigos e familiares,” sinalan desde o concello.

A exposición está instalada na entrada do Auditorio Municipal e poderá visitarse ao longo de toda a Semana Santa. No recinto da exposición,  o vindeiro venres, día 2, ás 12:30 h terá lugar un acto co que o Concello de Quiroga quere lembrar a colleiteiros que xa non están, mediante a entrega de agasallos aos seus familiares. 

Exposición Feira Viño Quiroga / concello de Quiroga

ÚLTIMAS

A Xunta e o concello do Páramo impulsan proxectos de interese municipal

A colaboración máis recente foi a pavimentación de accesos a San Mamede da Ribeira...

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...