HomesociedadeA Deputación colabora con Samos na adquisición dunha báscula para o punto...

A Deputación colabora con Samos na adquisición dunha báscula para o punto limpo

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asina un convenio de colaboración co Alcalde de Samos, Julio Gallego Moure, co obxectivo de adquirir unha nova báscula para o punto limpo da localidade cun investimento de preto de 2.000€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta nova peza de equipamento era moi necesaria, segundo o rexedor, porque vén a suplir unha carencia que existía actualmente no municipio. A báscula ten capacidade para pesar con precisión residuos entre os 1.000 e os 2.000 quilogramos resulta imprescindible para poder homologar esta instalación, que dá servizo a unha poboación de máis de 1.200 persoas e que supón un gasto importante para o municipio.

Este sistema para pesar é un equipo para o control dos residuos que chegan ao punto limpo de Samos, situado a dous quilómetros do núcleo urbano, en dirección a Lóuzara, no lugar de Negredo.

O convenio de colaboración con Samos enmárcase no compromiso da Deputación de Lugo de colaborar cos concellos da provincia para que poidan prestar máis e mellores servizos públicos.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...