HomesociedadeAlumnos de Sistemas Microinformáticos e Redes do IES A Pinguela de prácticas...

Alumnos de Sistemas Microinformáticos e Redes do IES A Pinguela de prácticas en Portugal

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Fabio dos Santos e Miguel González son os dous alumnos do ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes que realizarán durante dous meses e medio o seu módulo de Formación en Centros de Traballo en empresas de Braga (Portugal), á vez que desfrutan dunha das becas Erasmus + da SEPIE (Ministerio de Educación) que o IES A Pinguela pon a disposición do seu alumnado de ciclos formativos de Formación Profesional.

Os alumnos xa empezaron a vivir esta experiencia, a pesar da situación sanitaria do país veciño. Formación que lles permitirá empaparse da cultura portuguesa con vivencias que non esquecerán. Volverán, se non hai novidades que o alteren, para as festas do San Antonio de Monforte.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...