HomesociedadeO persoal do centro de día da Pobra do Brollón en folga

O persoal do centro de día da Pobra do Brollón en folga

Desde o centro de día da Pobra do Brollón informan de que o persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade a Benestar retoma a folga indefinida en xornadas de 24 horas os martes alternos convocada polo sindicato CNT.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Acordouse en asemblea endurecer a folga, segundo sinalan desde este centro de día “xa que dende a Consellería de Politica Social e o Consorcio Galego non se deron indicios de negociar co comité de folga nin co persoal para buscar unha solución a situación de fraude de lei na que se atopa máis de 1200 traballadoras da rede de centros do Consorcio Galego ( Centros de Maiores, Escolas Infantís, Servizos Centrais, Oficinas de Inclusión, Centros Quérote e CEMVI).” Solicitan tamén que se paralice a OPE do ano 2020 na que están incluídas estas prazas ocupadas por persoas, a maior parte mulleres, en fraude de lei dende fai máis de 10, 12 ou 13 anos na maioría dos casos e que se cumpla cos marcos que esixe a UE de estabilización e non abuso de temporalidade.

O colectivo esixe unha solución a este conflicto que pon en risco os postos de traballo ós que se accedeu a través dun proceso selectivo e de listas públicas de contratación nos que se cumpriron os requisitos de igualdade, mérito e capacidade e  ós que a administración tiña que ter sacado a concurso ós tres anos e non 13 anos despois.

Co gallo da 2ª Xornada de folga do día 30/03/21 hai convocada unha concentración ás 12h na Sede da Xunta de Galicia no edificio de San Caetano.

Tamén ás 12.00 lévase a Pleno no Concello da Pobra do Brollón unha moción para apoiar ó Persoal do Consorcio Galego no Centro de Día da Pobra e pedir a paralización da OPE e que se abra un proceso de negociación para estabilizar os postos de traballo do persoal do centro.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...