HomesociedadeActividades da 'Feira do Viño de Quiroga'

Actividades da ‘Feira do Viño de Quiroga’

Non podendo realizarse a edición do evento no seu formato tradicional, o Concello de Quiroga deseñou unha serie de activades adaptadas ás circunstancias marcadas pola pandemia. Destacan a súa exposición "40 anos da Feira do Viño", a homenaxe aos colleiteiros, unha camiñada e espectáculos de rúa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres, día 2,  ás 12:30 h, no recinto da exposición “40 anos da Feira do Viño de Quiroga” sito no Auditorio Municipal procederase á entrega a familiares de colleiteiros participantes en distintas edicións da Feira do Viño uns pequenos agasallos -botella de viño colleiteiro e diploma- en lembranza e recoñecemento por contribuir a que a mostra fose medrando cos anos.

Seguindo cos actos do Programa Lembranzas da Feira do Viño , tamén este venres ten lugar a Andaina Xeoparque Montañas do Courel cun percorrido dende Leixazós ata Quiroga.

MÚSICA E ANIMACIÓN DE RÚA

A partir das 12:30 h. a música sonará polas rúas de Quiroga coa actuación do grupo de gaitas local “O Recanto” e ás 14:30 h. a Televisión Municipal de Quiroga emitirá un especial da Feira do Viño. Para rematar a xornada, máis música, neste caso a cargo da “Charanga BB+“, formación que animará as principais rúas da vila a partir das 18:00 h.

O domingo, día 3, alborada a cargo da Banda de Música Val Miñor, entrega de premios aos gañadores do “Concurso de debuxo infantil Feira do Viño” -ás 13:00 h.-  e  de seguido concerto desta agrupación a partir das 13:30 h.  diante do Concello.

Xa pola tarde, a partir das 18:00 h. e como remate de festa, espectáculo de animación de rúa “O estrano caso do  dentista da rúa Brasov” a cargo de Troula Animación.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...