HomesociedadeRecoñecemento aos colleiteiros da Feira do Viño de Quiroga

Recoñecemento aos colleiteiros da Feira do Viño de Quiroga

Os organizadores da Feira do Viño non quixeron deixar pasar outro ano máis sen ter feira, polo que este evento se dividiu en dúas partes: a primeira é a das Lembranzas coa celebración dos actos culturais desta semana e a segunda será a da festa do viño, que se as condicións sanitarias o permiten será o 24 e 25 de xullo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A deste ano é en palabras do rexedor local, Julio Álvarez, a feira do viño “da lembranza, da sensibilidade, dos viños e dos adegueiros e colleiteiros”. E este venres, día 2 de marzo, no recinto da  exposición “40 anos da Feira do Viño de Quiroga” recordouse a todas as persoas que contribuíron a que a mostra medrara co paso dos anos.

No acto recoñeceuse  e agradeceuse o traballo e dedicación dos auténticos protagonistas: os colleiteiros. Porque “foron e son eles os que fixeron que a Feira do Viño de Quiroga sexa o evento máis importante da Semana Santa en Galicia, o de máis afluencia e o que máis público concentra”, segundo recalcou Julio Álvarez.

Coa entrega dun diploma e unha botella de viño do colleiteiro aos familiares dos colleiteiros que xa non están entre nós, quíxose conmemorar esta data e o traballo de todos eles recordando a súa ausencia. O rexedor local rematou convencido de que “estas botellas son historia, historia dunha data importante agora e historia dentro de cen anos, porque nin a Feira do Viño de Quiroga, nin o viño, nin os colleiteiros van morrer”. 

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...