Homesociedade33 meses sen reunión do Consello Económico e Social de Monforte

33 meses sen reunión do Consello Económico e Social de Monforte

A Secretaría de Acción Sindical de CCOO esixe ao alcalde de Monforte que convoque o Consello Económico e Social e que "non engane" á veciñanza anunciando traballo en Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Consello Económico e Social de Monforte recolle nos seus estatutos reunirse cada tres meses; desde a Secretaría de Acción Sindical de CC.OO. aseguran que levan 33 meses sen reunirse, “o que significa un grave incumprimento dos estatutos. Consideramos que o Sr. Alcalde demostra coa súa maioría absoluta un gran desprezo cara os axentes sociais (sindicatos, empresarios e asociacións) que conforman os mesmo, negándolles todo tipo de aportacións”, sinalan desde CC.OO.

Desde o sindicato aseguran non entender a actitude de José Tomé, tendo en conta que “foi sindicalista liberado durante moitos anos” e din non aceptar que o alcalde non esté de acordo cos estatutos do CES cando colaborou na súa redacción.

CC.OO. asegura que hai motivos suficientes para convocalo cada 3 meses e tratar cuestións como o plan de emprego, o modelo de cidade, o porto seco, infaestruturas, servizos sociais e outros. Insisten en que o problema do desemprego é prioritario, ao aumentar no último ano en 159 persoas no concello de Monforte, ata un total de 1.314 parados.

O sindicato apunta tamén que o anuncio do alcalde de contar con centos de empregados en Monforte pode ser como o anuncio da chegada de Pacadar ao porto seco de Monforte e aseguran que “estaremos vixiantes ante as expectativas non cumpridas que xeran frustración na cidadanía e desapego cara os nosos políticos. Hai 20 anos que se lle prometeron a Monforte moitas cousas e o que hai é unha Renfe-Adif cada vez con menos traballadores, un porto seco seco parado e unha chea de parcelas baleiras no polígono.”

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...