HomesociedadeUn gromo de Covid no Brollón podería ter a súa orixe na...

Un gromo de Covid no Brollón podería ter a súa orixe na visita a un bebé doutro concello

A incidencia deste municipio é superior a 500 casos por 100.000 habitantes nos últimos 14 días, de modo que segue en nivel alto de restricións.

Publicado o

- Advertisement -

A visita a unha familia que tivo recentemente un bebé noutro municipio galego podería estar detrás do gromo de covid-19 detectado na Pobra do Brollón, segundo confirmaron a Efe fontes sanitarias. Ata o momento, e segundo informa a axencia, foron diagnosticados 19 casos relacionados con ese gromo, se ben Sanidade informa que nas últimas dúas semanas só se detectaron unha decena de positivos.

Neste momento, a incidencia acumulada a catorce días é superior aos 500 casos por cada 100.000 habitantes, de modo que o municipio permanece no nivel alto de restricións. É o único na provincia de Lugo nesta situación.

Iso implica, entre outras restricións, que os establecementos de hostalería non poden servir no interior, só no 50 % do aforo das súas terrazas.

Á marxe desa información de Efe, dende o Concello da Pobra do Brollón veñen de comunicar que o Centro de Saúde comunicou esta mesma mañá, 9 casos activos e a previsión de novas altas nos vindeiros días.

ÚLTIMAS

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...