HomesociedadeChantada tentará buscar unha residencia para a nai e filla atopadas desnutridas

Chantada tentará buscar unha residencia para a nai e filla atopadas desnutridas

"É unha pena porque non teñen necesidade, porque o marido, xa falecido, traballou en Larsa e tiña unha boa xubilación. Teñen unha casa con dúas plantas, case no centro de Chantada", comenta o rexedor.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Chantada, Manuel Varela, explicou este luns que por parte do Concello búscase unha residencia, “se pode ser a de Chantada moito mellor”, para as dúas mulleres, nai e filla, que foron atopadas en estado de desnutrición nunha vivenda deste municipio na que levaban varios días encerradas.

Seguen estando hospitalizadas e estamos a tentar conseguir dous sitios nunha residencia e, se pode ser a de Chantada moito mellor, para que sigan estando xuntos”, comentou o alcalde. “Tivemos moitísima sorte e sospeitabamos que puidese ocorrer unha desgraza, como que puidese estar morta a maior”, admitiu Manuel Varela.

Afortunadamente topáronse coas mulleres “con vida”, sinalou, coa máis nova, a de 48 anos “moi afectada sicolóxicamente, e a muller maior (de 89 anos) con bastante desnutrición“.

Ademais, relatou que se verificou ao entrar na casa que “a alimentación era desastrosa”. “É unha pena porque non teñen necesidade, porque o marido, xa falecido, traballou en Larsa e tiña unha boa xubilación. Teñen unha casa con dúas plantas, case no centro de Chantada”, abundou o alcalde.

Varela detallou que estas dúas persoas presentaban “pouca atención, con problemas sicolóxicos, sobre todo a nova”. “A ver se lles atopamos un sitio en condicións”, resaltou o rexedor de Chantada, que alude, unha vez que se entrou no domicilio de ambas as mulleres, a un posible problema derivado da chamada “síndrome de Dióxenes”.

Facía quince días que non se viu ás dúas mulleres e unha veciña deu a voz de alarma, aviso que foi atendido no Concello, que inmediatamente se puxo en contacto co xulgado que autorizou a entrada da Policía Local neste piso no centro de Chantada.

ÚLTIMAS

O Concello de Chantada xa suma 3 vehículos eléctricos á flota municipal

Os dous novos vehículos teñen un orzamento de 88.400€, dos que o Concello de...

60.000€ na mellora da eficiencia enerxética do Pavillón Deportivo de Oural

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou as instalacións para comprobar o resultado...

O PP de Monforte pedirá en pleno iniciar os trámites para contar cun PXOM actualizado á normativa vixente

A voceira municipal do PP, Katy Varela, sinala que o Concello de Monforte de...

O 27 de outubro comeza actividade a nova Piscina Municipal da Pinguela en Monforte

Este luns, 27 de outubro, é a apertura oficial da Piscina Climatizada Municipal de...