HomesociedadeO Hospital de Monforte, de novo libre de pacientes Covid

O Hospital de Monforte, de novo libre de pacientes Covid

Os casos activos aproxímanse á barreira dos 200 no conxunto da área sanitaria

Publicado o

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este domingo 18 de abril un total de 192 casos activos, tres máis ca os notificados na xornada de onte polo Sergas. Baixa, iso si, o número de novos positivos confirmados nas últimas 24 horas, que hoxe se sitúan en 10 fronte aos 23 de onte.

Nos hospitais non se aprecian moitos cambios. Segue habendo 10 persoas ingresadas, das cales tres están na Uci do Hula. Os restantes distribúense nas unidades de hospitalización dese mesmo hospital (4) e do Hospital da Mariña (3). O Hospital de Monforte volve quedar libre de pacientes Covid.

Dende o inicio da pandemia faleceron 212 persoas diagnosticadas con coronavirus na provincia de Lugo, curáronse 11.859 e realizáronse 216.174 probas PCR.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...