HomesociedadeSustentabilidade na hostalería para afrontar a recuperación do sector

Sustentabilidade na hostalería para afrontar a recuperación do sector

A Escola de Hostalería da Fundación Belarmino Fernández Iglesias acolleu unha sesión de sensibilización ambiental na que un total de 16 estudantes recibiron información achega do rol da hostalería na loita contra o cambio climático.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actividade realizouse coincidindo co Día Mundial da Terra, cuxo principal obxectivo é crear unha conciencia común e protexer o planeta, poñendo fin ás preocupacións ambientais como a contaminación, o cambio climático ou a desaparición da biodiversidade.

A xornada, organizada por Coca-Cola, ofreceu ao alumnado as claves para converter os establecementos hostaleiros en negocios máis sostibles e respectuosos co planeta, reducindo así o impacto deste sector no medio ambiente, posto que a aposta pola sustentabilidade é un dos eixos para paliar os efectos da pandemia da COVID-19 e posibilitar a recuperación económica do sector.

Esta sesión atópase dentro do marco da iniciativa Hostalería #PorElClima que facilita que as empresas de hostalería súmense aos obxectivos do Acordo de París e consigan converterse en establecementos neutros de carbono.

Na actualidade impártense na escola de hostalería Belarmino Fernández Iglesias o ciclo superior de técnico superior en vitivinicultura e os ciclos medios de servizos de restauración e en cociña e gastronomía. O centro realiza actividades de divulgación sobre gastronomía, vitivinicultura e turismo en liña co desexo do seu fundador de contribuír á prosperidade e o desenvolvemento cultural de Galicia.

ÚLTIMAS

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...