HomesociedadeInteresante charla sobre ‘ciencia política’ no IES Río Cabe de Monforte

Interesante charla sobre ‘ciencia política’ no IES Río Cabe de Monforte

O pasado venres contaron no centro coa presenza do monfortino César Vila, licenciado en ciencias políticas e ex-asesor no Parlamento Europeo durante cinco anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dentro do ciclo de “charlas informativas” que se imparten no IES Río Cabe, como parte do programa de orientación universitaria, César compartiu co alumnado de 1º de BAC a súa experiencia no eido da ‘ciencia política’.

Primeiro faloulles dos coñecementos adquiridos como alumno da carreira  de Políticas: faloulles das materias que cursou, o seu ano de Erasmus na República Checa, as prácticas no Parlamento Galego, etc; e a continuación trasladoulles a experiencia adquirida como asesor no Parlamento Europeo, en  Bruxelas, un paso máis na súa aprendizaxe e no desempeño dun traballo de gran responsabilidade.

Ao final, os/as alumnos/as  puideron preguntar sobre distintas cuestións e aclarar as súas dúbidas.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...