HomesociedadeA Deputación comeza en Bóveda as obras da vía entre Teilán e...

A Deputación comeza en Bóveda as obras da vía entre Teilán e Paradela

A Deputación de Lugo vén de iniciar os traballos de mellora da estrada provincia LU-P-0907, que comunica a parroquia de Teilán no termo municipal de Bóveda co concello de Paradela. Unhas actuacións nas que a institución inviste 93.170 €.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras afectan a máis de 3 quilómetros desta vía, entre os puntos quilométricos 0 e 3,2. Consisten na reapertura de cunetas, en pavimentar con aglomerado en quente e na realización da correspondente sinalización horizontal mediante marcas reflexivas brancas.

O prazo de execución é de 9 meses, aínda que é probable que estean os traballos estean rematados nun tempo inferior.

A mellora da mobilidade é unhas das prioridades marcadas polo Presidente no Orzamento da Deputación para este ano 2021, no que decidiu aumentar as partidas para as estradas nun 14%, ata acadar os 16M€. Unhas estradas en boas condicións, entende Tomé Roa, son necesarias para aumentar a calidade de vida dos veciños e veciñas, e favorecer a igualdade de oportunidades e o reequilibrio territorial.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...