HomesociedadeO locutor monfortino, Rafa Aguiar, concienciando sobre o Covid no Colexio dos...

O locutor monfortino, Rafa Aguiar, concienciando sobre o Covid no Colexio dos Escolapios

O pasado luns, 26 de abril, ofreceu unha charla no Salón de Actos na que explicou a súa experiencia tras estar ingresado de gravidade no Hospital Comarcal de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Rafa Aguiar, locutor e xerente de Radio Monforte, pasou meses atrás pola dura experiencia de enfermar por Covid e saír adiante tras unha longa estancia no Hospital de Monforte, a piques incluso de ser enviado á UCI do HULA.

Dada a súa popularidade, tras moitos anos traballando en medios radiofónicos na cidade do Cabe, o seu ingreso hospitalario tivo moita transcendencia. “Chegáronme centos de mensaxes por todos os medios de xente que se preocupou por min”, comenta Rafa. O caso é que, grazas aos coidados médicos é ás ganas de vivir, superou a enfermidade e dende ese momento non parou de agradecer as mostras de agarimo da xente e a atención médica recibida no Hospital Comarcal de Monforte.

Tras pasar por este apuro vital ofrecéronlle contar a súa experiencia en público, e así foi como chegou ao Colexio Padres Escolapios de Monforte este pasado luns para sensibilizar ao alumnado sobre a Covid-19. Sen entrar nos detalles máis duros da súa vivencia contoulles como sen case decatarse viuse entubado nunha habitación do hospital e como se dá un conta do importante que é a sanidade en momentos así. Destacou a importancia para saír adiante deses coidados, máis alá dos médicos –sensibilidade, ánimo e motivación–, e tamén da autoconfianza para recuperarse.

Rafa Aguiar / XdL

O evento estivo guiado por un dos mestres do centro, Javier, e ademais desta experiencia Rafa Aguiar aproveitou tamén para falarlles ás rapazas e rapaces de Radio Monforte, un proxecto persoal que se convertiu na primeira emisora de radio por internet da zona. Tras explicarlles como xurdiu e o tipo de programación que fai, convidounos a participar con algún programa.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...