HomesociedadeNo polígono industrial do Reboredo vendéronse 12 parcelas en 3 anos

No polígono industrial do Reboredo vendéronse 12 parcelas en 3 anos

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e a xerente de “Suelo Empresarial del Atlántico” (SEA), Beatriz Sestayo Doce, reuníronse este luns, 3 de maio, no Concello para analizar os últimos avances logrados no Polígono industrial do Reboredo, un dos 13 que xestiona en Galicia esta empresa pública, dependente do Ministerio de Transportes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na roda de prensa posterior á xuntanza expresaron a súa satisfacción pola dinámica do polígono nos últimos tres anos, que permitiu que queden 8 parcelas dispoñibles, trala venda de ata 12 parcelas nese período. O exercicio 2021, sinalaron, demostrou a consolidación do área industrial de Reboredo no que se pecharon tres operacións de preto de 30.000 metros cadrados de superficie por importe de 349.000 euros.

En concreto, dunha parcela de 14.039 metros cadrados e outras dúas, de 7.004 e outra de 7.908 metros cadrados. De momento, por cuestión de confidencialidade e de respecto empresarial, non se informará dos nomes dos compradores, ata a formalización efectiva ante notario.

Beatriz Sestayo incidiu en que os datos reflexan que “Monforte ten presente e moito futuro”, cun polígono exemplo de “motor de dinamización económica e da esencial creación de emprego”. 

“Dende o Ministerio de Transportes ao que pertencemos como empresa pública démonos conta de que a industria é un motor e corresponde ás administracións públicas servir como motor de emprego e Monforte cumpre todos os requisitos para que isto pase e está pasando”, subliñou a xerente de SEA.

Sestayo reivindicou que, pese á parálise e ó temor empresarial xerado tras a pandemia, “Monforte segue sendo un polígono atractivo. A sinerxia positiva é unha realidade e está consolidada, non é unha casualidade, estamos ante un dos polígonos máis atractivos dos últimos anos e dende SEA e o Ministerio imos facer todo o posible para seguir axudando”, remarcou.

Concello y SEA estudiarán una posible ampliación del Polígono

José Tomé Roca  subliñou que o “Polígono do Reboredo é un polígono con moitas posibilidades e ben comunicado, por atoparse a 1,5 Km da N-120 e tamén da futura autovía A-76, así como unha ubicación xeográfica que o pode facer atractivo para empresas de fora do noso ámbito territorial”, destacando a “boa saúde” coa que na actualidade conta este polígono, grazas “á venda de moitas parcelas e estando en proxecto varias construcións industriais para darlle ese uso industrial para o que están concebidas”.

O mandatario monfortino engadiu que “dende que eu son Alcalde, dende que en Madrid goberna Pedro Sánchez, e dende que o SEA está xestionado por Beatriz Sestayo, vendéronse dende 2018, 12 parcelas. Por iso, dende o Concello ímoslle prantexar a Suelo Empresarial del Atlántico a necesidade da ampliación do Polígono do Reboredo para cubrir a demanda actual, e ó mesmo tempo, proxectalo cara o futuro.”

Visita a Oviganic Ibérica

Antes da reunión no Concello, a xerente de “SEA” e os técnicos da entidade realizaron unha visita á empresa Oviganic Ibérica S.L. para coñecer a ampliación que a compañía está acometendo no polígono, no que en 2019 adquiriu outros 5.000 metros cadrados de superficie e no que emprega a máis de 50 persoas.

Suelo Empresarial del Atlántico xestiona 13 parques empresariais en Galicia, que suman máis de 4 millóns de metros cadrados, situados nas provincias de Lugo, -Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada e Rábade-, da Coruña -Malpica, Vimianzo, Cee, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Muros e Rianxo- e de Pontevedra -Vilanova de Arousa e Catoira- e nos que se asentan máis dun centenar de empresas.

ÚLTIMAS

Máis de 200 actividades formativas no IV programa “Da Escola á Granxa”

O deputado, Daniel García, achegou estes datos sobre a cuarta convocatoria do programa nun...

María Pena López, nova centenaria de Quiroga

Esta centenaria asegura que o segredo para chegar a cumprir un século de vida...

Reactivadas as comunicacións para queimas agrícolas e restos forestais

Como vén sendo habitual, no portal da internet destinado a comunicar as queimas de...

“O encontro de Sober” analiza durante dous días a relación rural-industria

No encontro destacábase que o 95% do territorio galego é rural, unha singularidade a...