Da Lonxa ao Prato, S.L. é a peixaría oficial da Cofradía de Pescadores da Pobra do Caramiñal, coa que teñen un convenio de colaboración para a explotación directa dos seus produtos. Para elo, a empresa conta con varias instalacións entre as que se atopan peixerías, unha depuradora e cetárea propias. A empresa tamén conta con unha plataforma de venda online a través da web: dalonxaaoprato.com.
O Alcalde subliñou que “a Praza de Abastos de Monforte volve a ter dende hoxe un posto de venta de peixe e marisco frescos así como produtos delicatessen do mar, ampliando así a variedade de servizos e produtos que ofrecemos dende este mercado de abastos ós monfortinos e monfortinas”.
O horario de apertura deste posto de peixaría na Praza de Abastos será de martes a sábado de 9 a 15 horas.
Novo posto de peixaría na Praza de Abastos de Monforte
A Lonxa de Ribeira na ría de Arousa, unha das principais lonxas galegas e das máis importantes en pesca de baixura de Europa, constitúe a orixe da maior parte dos nosos peixes e mariscos.
Os produtos cos que traballa esta empresa proceden directamente da pesca artesanal e da frota de baixura da costa de Galicia. Trátase de produtos cunha trazabilidade totalmente garantida, mediante etiquetas nas cales se mostra a súa orixe, método de captura, especie… O cliente incluso pode coñecer o nome da embarcación que capturou o produto que leva á súa mesa.
As actividades que forman parte do proxecto que esta empresa porá en marcha na Praza de Abastos de Monforte inclúen:
- Exposición e venda ao público de produtos procedentes da pesca artesanal da frota de baixura dos mares e costas de Galicia.
- Exposición e venda de crustáceos vivos mediante a instalación, no citado local, dun viveiro expositor en circuíto pechado.
- Exposición e venda de produtos delicatessen elaborados de maneira tradicional por empresas de ámbito local.
- Atención personalizada ó público á hora de facilitar a elaboración de produtos con peixe e mariscos.
- Reparto a domicilio de produtos frescos e precociñados.
- Visitas guiadas de turismo mariñeiro a bancos de produción de marisco en colaboración coa Confraría de Pescadores de A Pobra do Caramiñal.
- Visitas guiadas á principal lonxa de procedencia dos produtos que se expoñen á venda, que permita aos nosos clientes empaparse da frenética actividade da rula.
- Talleres de cociña para nenos e adultos.
- Xornadas gastronómicas para a elaboración dos seus produtos.
Con estas actividades dende Da Lonxa ao Prato ten por obxectivo colaborar na dinamización da propia Praza no seu conxunto, a través dun novo concepto de peixería, moderna e dinámica.