HomesociedadeO Presidente supervisa as obras de renovación da estrada de Paradela a...

O Presidente supervisa as obras de renovación da estrada de Paradela a Currelos

As obras ás que a Deputación adica 500.000 euros supoñen a mellora e renovación do firme de tres estradas provinciais que conectan o concello de Paradela co núcleo de Currelos, no municipio do Saviñao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con este proxecto a Deputación completa o acondicionamento das conexións entre Paradela e Currelos, logo de que a institución provincial actuara recentemente no tramo que une Escairón e Currelos. As actuacións inclúen a reapertura de cunetas, aglomerado en quente e sinalización horizontal con pintado da vía mediante marcas viais reflexivas brancas. 

As obras consisten no acondicionamento de máis de 12 quilómetros das estradas LU-P-4201, LU-P-4205 e LU-P-5818. No caso da LU-P-4201, que une Pacios con Mosteirovello, arránxase en tres treitos, que suman un total de case 2,5 quilómetros: o primeiro tramo vai dende o punto quilométrico 0 ata o 1,235; o segundo, dende o 1,405 ao 1,810; e o terceiro, do 3,435 ó 4,200. Esta é unha estrada que vertebra parte do municipio, dando servizo a unha zona importante da poboación de Paradela.

Na LU-P-4205, que une os núcleos de Aldosende e Foilebar, pasando por Feasita, mellórase un treito da vía de máis de 3 quilómetros e medio, dende o punto quilométrico 2,331 ao 5,924. 

A terceira vía que se arranxa en Paradela é a LU-P-5818. Os traballos acométense dende a intersección coa estrada provincial LU-P-4202 ata o núcleo de Vila. Esta estrada dá servizo a moitas parroquias e núcleos que concentran bastante poboación, como son Valmigallo, Vilacaíz, Carballós e O Amedo. 

O Presidente subliña que “seguimos demostrando que unha da prioridades deste Goberno é a mellora das comunicacións. Cremos que unha boa rede de estradas é fundamental para o equilibrio territorial e para o desenvolvemento do rural, porque axuda a fixar poboación e a achegar os servizos. Ademais, a obra pública tamén é importante para incentivar a actividade económica e axudar a manter ou crear emprego”, subliña o Presidente.

ÚLTIMAS

Daveiga, ‘Premio Galicia Alimentación 2025’

O Clúster Alimentario de Galicia outorgoulle á empresa chantadina Daveiga Producción Responsable, moi coñecida...

Os museos de Quiroga amplían o seu horario na tempada de verán

De luns a venres os dous museos abrirán de luns a venres, en horario...

Rosa Rodríguez recibe a Medalla Castelao arroupada por unha delegación de Sober

A doutora, Rosa Rodríguez, despois de 35 anos exercendo no centro de saúde de...

“Reboiras: Acción e corazón”, este 1 de xullo en Multicines Hollywood

"Reboiras: Acción e corazón" aborda a traxectoria vital e política de Moncho Reboiras, militante...