HomesociedadeEn abril baixa o paro no centro e sur de Lugo, agás...

En abril baixa o paro no centro e sur de Lugo, agás no Saviñao

En abril, coa Semana Santa, baixa o paro no centro e sur de Lugo, agás no Saviñao. O número total de parados nos 19 concellos do centro e sur de Lugo suma 3.757, 221 menos que en marzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A secretaría de acción sindical de CCOO valora positivamente a diminución do paro no mes de abril, como consecuencia da Semana Santa no sector da hostalería. Na comarca de Lemos, o número de parados sitúase en 1.726, baixando en 86 persoas; na comarca de Quiroga 248, baixando en 9; na de Chantada 665, baixando en 54 e na de Sarria 1.118, baixando en 72.

O sindicato considera que os concellos deben de axudar máis ao sector hostaleiro por ser o máis castigado durante a pandemia, un sector sensible que cando se mellora reduce o paro como ven de acontecer. Instan aos alcaldes a eximir das taxas aos hostaleiros cara a tempada de verán.

Consideran tamén que a Xunta debe acelerar as axudas directas a este sector, “ou do contrario son moitos os traballadores que non sairán dos ertes nestes concellos.” Na actualidade son uns 460 os afectados nestas comarcas.

A situación do paro por concellos nesta zona foi a seguinte, con baixada do paro en todos os concellos, agás no Saviñao que se incrementou en 4: Bóveda 54 (-1), Monforte 1.237 (-70), Pantón 103 (-9), A Pobra do Brollón 68 (-5), O Saviñao 159 (+4), Sober 105 (-5), Folgoso do Courel 37 (-2), Ribas de Sil 39 (-4), Quiroga 172 (-3), Carballedo 75 (-5), Taboada 97 (-9), Chantada 493 (-40), Sarria 814 (-14), Paradela 42 (-4), Láncara 110 (-12), O Incio 47 (-3), O Paramo 39 (-4), Samos 39 (-2), Tracastela 27 (-2). Segundo o sindicato, turismo, hostalería e comercio son as “pitas dos ovos de ouro” de toda a Ribeira Sacra 

ÚLTIMAS

Concerto de acordeón no ciclo ‘Primavera Musical’ en Sober

Os amigos e amigas da música instrumental teñen o vindeiro 25 de maio unha...

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...

Unha nova xornada do ‘Marida Maio’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Este xoves, 22 de maio, terá lugar ás 19:30 h. a segunda xornada da...

Prazo de inscrición aberto ata o 10 de xuño para participar na XXV edición de Artelemos

Como o ano pasado a cita coa mostra de artesanía durará 6 días, nesta...