HomesociedadeCourel Vivo pide o traslado do médico de Seoane polo seu "grao...

Courel Vivo pide o traslado do médico de Seoane polo seu “grao de desatención e neglixencias médicas”

Presentan unha queixa ante a Consellería de Sanidade para pedir que traian outro sanitario "válido".

Publicado o

- Advertisement -

Courel Vivo presentou unha queixa formal ante a Consellería de Sanidade polo trato que dá aos seus paciente o médico encargado do centro de saúde de Seoane, no municipio de Folgoso do Courel.

Así, demándase que se cubra esta praza con “outra persoa válida” ante o “grao de desatención e neglixencias médicas” que sofren os pacientes. Así mesmo, pide unha reunión coa Xerencia de Primaria de Lugo para poder buscar unha solución a esta problemática, á vez que se require que se teñan en conta as reclamacións realizadas a atención ao paciente.

Entre as queixas que apunta Courel Vivo, atópase a “negativa a ver e tratar urxencias“, a “derivación de pacientes a 50 quilómetros por casos que outros facultativos resolven no propio centro de saúde”, así como a “nulidade á hora de tramitar un simple volante”. Unha situación que provoca que veciños “non acudan” a este centro.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...