HomesociedadeSober sortea produtos locais ao superar 9.000 seguidores en Facebook

Sober sortea produtos locais ao superar 9.000 seguidores en Facebook

O Concello de Sober supera os 9.000 seguidores na súa páxina oficial de Facebook e para agradecer a súa fidelidade promove un sorteo quen ten como agasallo diferentes produtos locais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para participar tan só hai que darlle a gústame ao post no que se anuncia o sorteo. Tamén se pode seguir a páxina, se aínda non se é seguidor, e etiquetar a outras persoas para que tamén poidan participar. Unha maneira máis de chegar a novos usuarios.

Os interesados e interesadas poden participar ata o 31 de maio ás 20:00 horas, momento no que se levará a cabo o sorteo para coñecer aos gañadores.

Para agradecer o seguimento nesta rede social o Goberno local agasallará aos gañadores cun lote de botellas de viño de Amandi, un tarro de mel e un xerro de Gundivós. Haberá, polo tanto, tres gañadores.

O Concello de Sober leva anos apostando pola presenza nas redes sociais, coa apertura de contas oficias en Facebook, Twitter e Instagram, que actualiza de xeito constante todos os días do ano.

Escaparate turístico

As contas oficiais do Concello, ademais de proporcionar información de interese sobre o municipio, avisos, obras, prazos de axudas, etc, tamén se teñen convertido nun escaparate turístico da Ribeira Sacra co que reforzar a candidatura a Patrimonio Mundial ante a Unesco.

A día de hoxe o de Sober é o segundo Concello da comarca con máis seguidores na súa conta de Facebook, só superada por Monforte e está no TOP FIVE, entre os cinco primeiros, que máis seguidores ten a nivel provincial, só superado por catro Concellos con máis habitantes, que son Lugo, Monforte, Vilalba e Foz.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...