HomesociedadeCCOO ve intereses ocultos e nepotismo na concesión do Centro do Viño...

CCOO ve intereses ocultos e nepotismo na concesión do Centro do Viño de Monforte

Desde o sindicato aseguran que defenderán con uñas e dentes o dereito á subrogación dos traballadores que por lei teñen dereito.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A secretaria de acción sindical de comisións Lugo lamenta “a falta de coherencia e sensibilidade do señor alcalde de Monforte cos traballadores do centro do viño así como os intereses ocultos e o nepotismo na concesión a unha UTE amiga”.

CCOO insta ó señor Tomé a poñer en práctica o talante do outrora líder socialista o expresidente señor Zapatero. Desde o sindicato aseguran estar convencidos de que “as bases da devandita concesión á UTE amiga foron redactadas á carta para a citada empresa amiga do señor Alcalde. Sobra soberbia e nepotismo por parte do señor alcalde ao que animamos a sacar un pouco a vea sindical que perdeu coa súa maioría absoluta e que actúa como algún político facendo da súa capa un sayo.”

Comisións asegura non aceptar os argumentos do concello de Monforte en canto á falta de presenza nas redes sociais da empresa que xestiona o centro do viño actual “xa que en Instagram ten máis de 2000 seguidores.”

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...