HomesociedadeEste luns 24 comeza a recollida de plásticos agrícolas nas parroquias de...

Este luns 24 comeza a recollida de plásticos agrícolas nas parroquias de Monforte

Os pedáneos das diferentes parroquias foron informados hai uns días polo propio Alcalde desta recollida de plásticos agrícolas e dos lugares e a data na que se vai realizar, resultando fundamental a súa colaboración.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A recollida de plásticos agrícolas levarase a cabo dende primeira hora da mañá e ó longo de toda a xornada, nos lugares que a continuación se especifican:

  • Marcelle (campo da festa).
  • Gullade, Nocedas e Penela (saída das Nocedas a Gullade, antigo parque infantil).
  • Vilamarín (campo da festa).
  • Santa Mariña e Caneda (Campo da Pousa).
  • Bascós, Chavaga  e Sindrán (Local Social de Bascós).
  • Reigada e Fontes (Praza Mourelo).
  • Piñeira (Listo).
  • A Parte e Valverde (Barrete Proveiros).
  • Chao do Fabeiro (Campo da festa).
  • Moreda, San Xoán, San Xulián e Seoane (Local social de San Xoán).
  • Fiolleda (Carretera a Currelos).
  • Baamorto (Campo de Fútbol).

O plástico agrícola debeu depositarse dobrado e atado, nesta fin de semana nos lugares anteriormente sinalados e habilitados para tal fin. Dende o Concello recórdase que non se deberán depositar outros tipos de plásticos que non sexan agrícolas.

O custo deste servizo, contratado coa empresa XIMA, será asumido exclusivamente polo Concello de Monforte. A recollida realizarase en tódalas parroquias que xeran plásticos e, dende alí, trasladaranse ata o punto de reciclaxe.

Por outra parte, tamén se recorda que outro xeito que se pode levar a cabo para a eliminación destes residuos agrícolas é achegalos ó Punto Limpo do Concello en calquera data do ano. 

ÚLTIMAS

Gran final de tempada para o Club Quixós de piragüismo

O club Quixós de Piragüismo vén de rematar a tempada cunha exitosa participación no...

O 1 de decembro abre a inscrición dos Campamentos e Obradoiros de Nadal no Concello de Chantada

O Concello de Chantada vén de anunciar os 'Campamentos e Obradoiros de Nadal', actividades...

O BNG de Monforte sobre as obras na rúa Ourense, “é especialmente grave investir 100.000€ nunha obra innecesario”

Segundo o BNG, este feito, "por si só, demostra a absoluta falta de planificación...

Monforte resolve as axudas para deportistas individuais e a celebración das festas dos barrios e parroquias

No caso das subvencións para a celebración de festas de barrios e parroquias, o...