HomesociedadeDiamondi no Saviñao terá traída de auga a finais do verán

Diamondi no Saviñao terá traída de auga a finais do verán

Este núcleo non dispoñía deste servizo, o proxecto resposta a un dos compromisos asumidos no programa electoral de dotar ás distintas parroquias dun "subministro axeitado e de calidade."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os traballos contan cun investimento de 166.000 euros, financiados na súa totalidade con fondos do Concello. Segundo as previsións que manexa a entidade local, a finais do verán poderán estar rematados.

“Estamos a facer un esforzo extraordinario por dotar de mellores e de máis servizos aos distintos núcleos de poboación que temos. A traída de augas é unha demanda dos nosos veciños e niso estamos a traballar”, remarca o alcalde, Carlos Armesto.

O pasado ano, a entidade local acometeu a de Marrube a Vilatán e, neste exercicio, concluirá a de Diamondi; unha das parroquias de maior poboación do municipio. A este respecto, o rexedor avanza que seguirán de preto a evolución destas obras, co fin de que se cumpran os prazos establecidos

ÚLTIMAS

Protesta cidadá en Monforte pola fonte do Parque dos Condes

A voceira popular, Katy Varela, esixe a José Tomé “recapacitar e deter” estes traballos...

Dáse a coñecer o cartel oficial da XXII Feira Medieval de Monforte

Esta mañá presentouse en rolda de prensa a imaxe gráfica representativa dun dos eventos...

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...