HomesociedadeCortes puntuais de tráfico tres días á semana na vía Nadela-Sarria

Cortes puntuais de tráfico tres días á semana na vía Nadela-Sarria

As obras de conversión en autovía da vía de altas prestacións Nadela-Sarria, no treito entre A Pobra de San Xiao e Sarria centro, obrigan a realizar dende este martes cortes puntuais tres días á semana para garantir a seguridade dos traballos de voaduras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os cortes víñanse producindo dende o mes de febreiro -cando comezaron estes labores- os martes e xoves non festivos entre as 13.00 e as 15.00 horas e entre os enlace do quilómetro 13 (O Páramo, A Pobra de San Xiao) e o do quilómetro 22 (Sarria norte, Morelle).

Durante aproximadamente tres meses será preciso pechar ao tráfico tamén os mércores non festivos no mesmo horario, neste caso entre o enlace do quilómetro 22 e o do quilómetro 26 (Sarria Sur, Albán). O desvío estará debidamente sinalizado e o traxecto alternativo realizarase pola estrada LU-546.

Estes traballos enmárcanse nas obras da primeira fase da conversión en autovía da vía de altas prestación Nadela-Sarria, cun investimento da Xunta de case 25 millóns de euros e un prazo de execución de 24 meses. 

Estase a construír unha nova calzada paralela á existente, pola marxe esquerda sentido A Pobra de San Xiao, pasando dunha calzada con dous carrís actuais a dúas calzadas con dous carrís por sentido.

A intervención incluirá tamén a adaptación dos enlaces e dos pasos inferiores existentes, así como a reposición dos camiños de servizo afectados. Ademais, contará con valla reforzada en ambos lados para reducir a accidentalidade causada polo xabaril.

ÚLTIMAS

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...

Claudia Taboada, actriz con raíces maternas en Quiroga: “É ridiculamente marabilloso ser intérprete”

Falamos con Claudia Taboada, quiroguesa por vía materna e moi ligada a este concello...