Homesociedade24 proxetos do concello de Sober beneficiáronse de 450.000 euros do GDR...

24 proxetos do concello de Sober beneficiáronse de 450.000 euros do GDR Ribeira Sacra-Courel

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitaron este mércores no concello de Sober diversos proxectos que foron beneficiarios da medida Leader xestionada pola Xunta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A directora xeral destacou a importancia deste fondos europeos, que no período 2014-2020 permitiron desenvolver un total de 24 proxectos, que mobilizaron un orzamento de case un millón de euros e contaron cunha axuda de máis de 450.000 euros, xestionada polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ribeira Sacra-Courel.

Acompañados polo alcalde do municipio, Luis Fernández, os representantes do Goberno galego puideron comprobar as instalacións do edificio de usos múltiples para as emerxencias municipais. Este proxecto contou cunha axuda do Leader duns 21.500 euros e consistiu na rehabilitación e acondicionamento dun edificio municipal para que os servizos de emerxencias municipais puideran dispoñer dun local propio. 

Seguidamente, as autoridades desprazáronse ata as instalacións do centro de xogo infantil “A Mariola”, beneficiaria dunha axuda de case 26.000 euros do programa Leader para o acondicionamento dun local -propiedade do concello- destinado a zona de ocio para os nenos. 

Neste senso, a directora xeral aproveitou para felicitar ao rexedor polo seu compromiso cos seus veciños, lembrando que dos 24 proxectos aprobados sete foron presentados polo Goberno local para mellorar a calidade de vida dos cidadáns de Sober. Así, Inés Santé sinalou que a medida Leader permite dotar ao rural galego de servizos para a poboación, mellorando tamén as condicións para crear e manter emprego no agro.

As autoridades visitaron tamén a adega Proencia, adscrita á denominación de orixe Ribeira Sacra, que contou tamén cunha achega Leader de case 25.000 euros para a construción dunha sala de catas. 

Este xoves, 3 de xuño, remata o prazo para solicitar as subvencións para a execución de proxectos desta medida Leader, que conta cun orzamento de 13 millóns de euros para as anualidades 2021 e 2022. Así, os interesados deberán presentar as súas solicitudes ao GDR que corresponda, tendo en conta a localización do investimento.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...