HomesociedadeO día 7 ábrese o prazo de inscrición no Conservatorio Municipal de...

O día 7 ábrese o prazo de inscrición no Conservatorio Municipal de Monforte

No mes de xuño celebraranse as Audicións de Fin de Grao e de Fin de Curso, que están dirixidas a todo o público en xeral, e que se celebrarán no Auditorio do Edificio Multiusos, con entrada gratuíta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O prazo de inscrición para o acceso ó Conservatorio Municipal de Monforte “Mestre Ibáñez” para o curso académico 2021/2022 ábrese a partir do vindeiro luns día 7 de xuño. O prazo para inscribirse na proba acceso ó 1º curso de grao elemental (proba de aptitude musical) será do día 7 ó 22 de xuño.  A inscrición será gratuíta e poderase facer presencialmente na Secretaría do Conservatorio Municipal ou descargando a solicitude de proba de acceso na Sede Electrónica ou da web do Concello de Monforte, enviándoa debidamente cuberta ó correo do centro: conservatorio@concellodemonforte.com.

As probas terán lugar o día 23 de xuño ás 17:00 horas, de maneira presencial.

O prazo para inscribirse na proba de acceso ó 1º curso de grao profesional (pase de grao) será do día 7 ó 18 de xuño. A inscrición farase do mesmo modo ca anterior.

Estas probas de pase de grao terán lugar o día 21 de xuño ás 16 horas, de maneira presencial.

Finalmente, a inscrición en Preconservatorio, materia que vai dirixida a nenos/as de entre 6 e 7 anos a modo de cursos preparatorios para o grao elemental do conservatorio, realizarase do 7 ó 25 de xuño e do 6 ó 17 de setembro. O prazo de renovación de matrícula para os alumnos que xa estudan no centro, (incluído preconservatorio) para o vindeiro curso 2021/22, estará aberto do día 7 ao 25 de xuño.

Audicións Fin de Grao e Fin de Curso no Edificio Multiusos

O Auditorio do Edificio Multiusos acollerá neste mes de xuño as Audicións Fin de Grao e Fin de Curso, que están dirixidas a todo o público en xeral e con entrada gratuíta.

Audición Fin de Grao terá lugar o venres día 4 de xuño ás 19:00 horas. Actuarán os seguintes alumnos/as de 6º curso:

  • Sara Gegunde (Piano)
  • Andrea Ferreiros (Violín)
  • Brais Olmo (Clarinete)

Os seguintes días terán lugar varias Audicións Fin de Curso nas distintas especialidades e correrán a cargo  do alumnado do Conservatorio Municipal. As actuacións realizaranse de forma individual, a dúo, ou en pequenos grupos de cámara. Serán as seguintes:

  • Audición Violín – 10 de xuño ás 18:00h
  • Audición Saxofón – 10 de xuño ás 19:00h
  • Audición Guitarra e Percusión – 11 de xuño ás 19:00h
  • Audición Piano – 15 de xuño ás 19:00h
  • Audición vento Metal, Clarinete e Frauta – 17 de xuño ás 19:00h
  • Audición Violín – 10 de xuño ás 18:00h
  • Audición Saxofón – 10 de xuño ás 19:00h
  • Audición Guitarra e Percusión – 11 de xuño ás 19:00h
  • Audición Piano – 15 de xuño ás 19:00h
  • Audición vento Metal, Clarinete e Frauta – 17 de xuño ás 19:00h

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...