HomesociedadeAna María González, unha das pioneiras do rock en España, é de...

Ana María González, unha das pioneiras do rock en España, é de Sober

A súa nai, orixinaria de Proendos, emigrou a Valencia da man dun irmán e alí foi onde naceu ela. Tiña vocación de cantante e a vida levouna polo camiño do rock cando daquela era case imposible atopar mulleres neste xénero musical. Aproveitando unha visita por estas terras achegouse a Radio Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

Ana María González Pazos é valenciana pero ten as súas raíces en Proendos, no Concello de Sober. Deste lugar era a súa nai, os pais dela e tamén os seus avós.

A emigración fixo que esta soberina –a súa nai– chegase a Valencia, cidade onde se estableceu, coñeceu á súa parella e viu nacer á nosa protagonista. En calquera caso, Ana María di que as raíces tiran moito e recoñece que non perdeu o contacto con Sober, lugar onde vén de visita de cando en vez para encontrarse coa moita familia que lle queda por aquí.

Aproveitando que estes días está por estas terras, Rafa Aguiar convidouna a Radio Monforte e fíxolle unha entrevista moi interesante na que desvela as súas orixes soberinas e como a vida artística a levou polos camiños do rock.

Ana Mª González. Foto: Proyecto “Ellas son Eléctricas”

Conta, entre outras moitas cousas, que foi incluída nun proxecto coñecido como “Ellas son eléctricas”, un vinilo e un documental que homenaxea ás mulleres pioneiras no Rock duro e o Heavy Metal da década dos 80 e 90. Os autores deste traballo de investigación son Leo Cebrián Sanz e Paco Manjón e unha páxina de Facebook serve de escaparate para divulgar o proxecto.

Aquí unha actuación de Ana María González co grupo Tarántula, do que formou parte naquela época, en directo no mítico programa de TVE ‘Aplauso’.

A entrevista completa a esta muller, unha das pioneiras do rock español, pódese escoitar o descargar no podcast de Radio Monforte.

ÚLTIMAS

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...

Do 28 ao 5 de decembro, XVI Concurso de Tapas de Guimaralia

Participarán no concurso cinco locais: Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e O...