HomesociedadeCorte de tráfico na Ponte Medieval de Monforte para a súa limpeza

Corte de tráfico na Ponte Medieval de Monforte para a súa limpeza

A Brigada Municipal de Parques e Xardíns do Concello procede este martes, 15 de xuño, a acometer os traballos de limpeza da vexetación superficial que se foi acumulando nestes últimos meses na Ponte Medieval.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para a realización destes traballos, que se prolongarán durante toda a mañá, vai ser necesario empregar un guindastre. Por este motivo, os vehículos e os peóns non van poder pasar sobre a Ponte e a policía local manterá cortado o acceso toda a mañá, concretamente dende as 7:30 horas e a partir das 8 horas darán comezo os mencionados traballos de limpeza.

O Alcalde salienta que “a limpeza e o axeitado mantemento deste Ben de Interese Cultural é unha das actuacións que este goberno municipal contemplou dende que iniciamos o noso mandato. A Ponte Medieval é un monumento que forma parte da imaxe da nosa cidade e por iso debemos mantela nas mellores condicións, co obxectivo de que no futuro sexa peonil para o disfrute dos monfortinos e turistas que nos visitan”.

Neste senso, o mandatario municipal subliñou que “cando a Nova Ponte do Malecón sobre o Río Cabe sexa unha realidade no horizonte de este mandato, a Ponte Vella, pasará a ser peonil, para conservar o monumento, para o disfrute da xente e para contemplar placidamente a paisaxe río arriba e río abaixo sen o agobio dos coches.”

ÚLTIMAS

Premio ‘Lugo cambia o turismo lucense’ para o Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

O Pazo de San Marcos acolleu na tarde deste martes 29 de setembro a...

Folgoso do Courel comunica á Xunta o interese na residencia de maiores e facilítalle os terreos

Desde o concello de Folgoso do Courel aseguran que poden dar este paso despois...

A muralla medieval de Monforte, entre o deterioro e o bloqueo pola propiedade: o BNG pide actuar e a Xunta remite aos titulares

O deputado do BNG Iago Suárez formulou este martes na Comisión de Cultura unha...

Este 30 de setembro regresan os Faladoiros de Quiroga con recordos da vida no rural

A protagonista será Loyda López Pérez, unha emigrante retornada, que con sete anos marchou...