HomesociedadeO Colado do Vento presenta unha Unidade Didáctica para coñecer Sober

O Colado do Vento presenta unha Unidade Didáctica para coñecer Sober

"Coñece o teu concello" presentarase o vindeiro domingo, 20 de xuño, na praza do Toural ás 12 h, convocando ás persoas socias para falar das actividades deste ano 2021. A asociación traballa tamén nas actividades do campamento municipal "Coñece o teu Concello".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación Cultural O Colado do Vento reinicia a súa actividade despois da parálise da pandemia coa presentación da Unidade Didáctica “Coñece o teu Concello”. O traballo editouse no 2020 co obxectivo de que nenos e nenas coñezan a historia das parroquias, con fotografías, mapas e comentarios sobre Historia, a toda cor. 

Trátase dunha reedición dun exercicio de Maxisterio do ano 1995, elaborado e levado a cabo por Alfonso Campos Pérez no centro educativo Virxe do Carme. Un cuarto de século despois, considerando que o material ten moito valor como recurso docente, permitindo a interacción da comunidade educativa co seu entorno, incidindo en valores fundamentais como o ecoloxismo, a identificación co patrimonio cultural e o respecto pola diversidade.

Este material será usado tamén no campamento de verán do Concello de Sober. Cada persoa socia do Colado do Vento terá un destes libros de xeito gratuíto como detalle ás persoas socias, logo de non poder levar adiante actividades o pasado ano. En caso de querer máis libros, a contribución será de 5 €. A contribución que se pedirá para persoas non socias será 10 €. 

ÚLTIMAS

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...

Queres que a túa idea se faga realidade? Recta final para participar no Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra segue buscando iniciativas de emprendemento e...

O Courel pedalea por Palestina

A cita do 17 de maio está promovida por We Rise como parte da...

Premio ao mellor deseño para o IES Daviña Rey na ‘Liga Make Drone 2025-26’

O IES Daviña Rey vén de participar na "Liga Maker Drone", un encontro competitivo...