HomesociedadeFolgoso do Courel acolle a rodaxe de "El Camino with my donkey"

Folgoso do Courel acolle a rodaxe de “El Camino with my donkey”

O Concello de Folgoso do Courel acolle estes días a rodaxe de ‘El Camino with my donkey’, unha serie documental para plataformas de contidos (Netflix, Amazon, Movistar+...) de ámbito global producida por Villa Lunera Films na que un xornalista irlandés decide dar un xiro á súa vida e toma a decisión de facer o Camiño de Santiago en compañía dun burro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A gravación da serie rematará previsiblemente a mediados do mes de xullo, cando os protagonistas, tras chegar a Santiago de Compostela, dean por rematada a súa viaxe en Fisterra. Os escenarios elixidos para a rodaxe no Concello de Folgoso do Courel foron varios: Froxán, a fervenza de Rexío, Seceda ou Meiraos, entre outros.

No documental de tres capítulos, gravado en inglés, pero respectando o idioma das persoas coas que os protagonistas se van atopando polo camiño, recórrense tres rutas distintas de peregrinación: o Camiño Francés ( Irún – Santander e León – Ponferrada), a ruta Lebaniega (Santander – Asturias) e a totalidade do Camiño de Inverno. Haberá que agardar ata finais de ano ou principios do 2022 para o seu estreo a nivel internacional.

O proxecto ten como foco a promoción do turismo estranxeiro no Camiño de Santiago tras a pandemia. O proxecto audiovisual amosará as sendas e os pobos polos que se atravesa cuns altos valores cinematográficos que axuden a resaltar a magnitude da beleza, tanto cultural, como natural das zonas rurais do Camiño dando prioridade a aqueles camiños menos transitados como é o Camiño de Inverno, así como outros sendeiros esquecidos.

Rodaxe ‘El Camino with my donkey’ / concello Folgoso do Courel

Co enfoque documental pretenden axudar na promoción turística das zonas de gravación a través da interacción coa xente que vive nelas, a gastronomía da terra, a cultura e a historia dos pobos polos que pasan.

A alcaldesa do Courel, Lola Castro, saúda a iniciativa como “unha maneira máis de seguir promocionando o noso Concello e o Xeoparque Montañas do Courel a nivel turístico a través dun proxecto que pretende unha importante repercusión a nivel internacional”.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...