HomeTerra de LemosO SaviñaoSentenza pioneira en Lugo sobre o complemento de paternidade a xubilados

Sentenza pioneira en Lugo sobre o complemento de paternidade a xubilados

A Secretaría de Acción Sindical de CCOO- Lugo valora como un fito histórico a sentencia do Xuzgado do Social número 4 con respecto ao complemento de paternidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A sentenza foi presentada polo avogado de CCOO Ramón Pérez Domínguez e celebrado o xuízo o día 21 de maio do 2021, dándolle a razón aos servizos xurídicos de CCOO con respecto ao dereito de complemento de maternidade a un pai do Concello do Saviñao consistente nun 10% da súa pensión ao ser pai de tres fillos.

A secretaría de acción sindical de Comisións anima a todos os pais que se xubilaron a partir do ano 2016 a pasar pola sede de Monforte para presentar a devandita demanda de complemento de paternidade xa que a sentenza resarce o dereito de igualdade entre pais e nais. O sindicato considera esta primeira sentenza na provincia moi importante debido a que se conta coas pensións máis baixas do Estado.

Segundo o sindicato son centos os pais que poden reclamar e os que traballaron en empresas importantes e sectores con bos convenios como pode ser o sector mineiro, a industria ou a banca poden chegar a supoñer un incremento superior aos 225 € sobre a súa pensión mensual para pais con tres ou máis fillos.

Desde a secretaria de acción sindical consideran que o complemento vai ser un sopro de aire fresco para moitas familias lucenses que teñen problemas para chegar a final de mes, desmontando o principio de vulnerabilidade entre pais e nais sen facer distinción de sexo. Estes complementos varían en función do número de fillos. Con dous fillos 5% de aumento, con tres fillos 10% de aumento. Con catro fillos 15%de aumento

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...