HomesociedadeCCOO non firma o convenio da lousa por non atender as súas...

CCOO non firma o convenio da lousa por non atender as súas reivindicacións

Este convenio aféctalle a todas as empresas louseiras da zona de Quiroga, Folgoso do Caurel, A Pobra do Brollón, Pastoriza, Pol e Fonsagrada, na Provincia de Lugo, uns 750 traballadores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

CC.OO. de Industria decidiu unha vez consultado cos seus delegados, non asinar este convenio que tivo o visto da UGT coa Patronal do sector. CCOO considera que non se tiveron en conta as súas reivindicacións:

  • Regular e rebaixar a xornada laboral máxima que ten este convenio (non gozan dun só día ao ano de descanso).
  • Recuperar o complemento de IT ao 100% tanto en accidente como enfermidade común.
  • Que o período vacacional volvese ser de 22 días laborables (non 30 días naturais).
  • Que o incremento salarial fose desde o primeiro ano de vixencia (2020).
  • Que operase unha cláusula de revisión salarial (pois xa agora mesmo estamos no 2,7% e asinan o convenio co 1,5% para aplicar só desde xullo 2021).
  • Acumulación do permiso retribuído de lactación a días completos.
  • Regulación de teletraballo para o persoal de administración.
  • Recuperar a póliza por incapacidade laboral e enfermidade profesional (silicose).

Segundo CCOO, neste sector UGT rompeu a unidade de acción, “perdeu o norte e substituíu á USGA, convenio tras convenio veñen rebaixando drasticamente as condicións conquistadas nos anos 90 con duras folgas de ata 45 días.”

CCOO considera que o convenio tradúcese “nunha perda importantísima do poder adquisitivo deste colectivo, que ademais sofre unhas pésimas condicións de traballo tamén pola inaptitud compasada da Patronal.”

ÚLTIMAS

Graduación do alumnado de Formación Profesional no IES Francisco Daviña Rey

Durante o acto de graduación celebrado no IES Francisco Daviña Rey tivo lugar a...

Pantón ten prazo de inscrición aberto para os Campamentos de Verán e presenta a programación cultural da época estival

O Concello de Pantón presenta as actividades que a Concellaría de Cultura programa para...

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...