HomesociedadeAmpliarase o grupo de traballo na candidatura da Ribeira Sacra en setembro

Ampliarase o grupo de traballo na candidatura da Ribeira Sacra en setembro

A Xunta de Galicia e o Goberno central retomarán os contactos con Icomos no mes de setembro e ampliarán o grupo que traballa na candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade no mes de setembro. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, no Parlamento de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tal e como explicou Román Rodríguez, o obxectivo compartido co Goberno central é “seguir camiñando na mesma dirección” e avanzar para facer da Ribeira Sacra “un territorio máis vivo, mellor coidado e máis recoñecido en todo o mundo”. “A decisión de pospoñer os trámites finais é unha oportunidade para fortalecer o noso traballo e mellorar algúns aspectos para que poidamos acreditar coas máximas garantías os valores excepcionais da Ribeira Sacra”. Para iso, tal e como apuntou,  apostarase por “intensificar o noso traballo a todos os niveis co fin de acadar unha mellor compresión dos valores excepcionais que fan que a Ribeira Sacra mereza o máximo recoñecemento da Unesco”. 

“O Goberno galego segue crendo no potencial da Ribeira Sacra e por iso continuaremos abordando este desafío ata conseguir o si definitivo”, afirmou o responsable autonómico de Cultura, quen explicou que a decisión estratéxica de aprazar o último paso da candidatura fíxose tendo en conta “os intereses do patrimonio galego e pensando sempre no mellor para o país”. “Desde que iniciamos este reto fomos quen de ir superando todos os pasos en tempo récord e logramos o maior dos nosos propósitos: valorizar e protexer a Ribera Sacra xerando orgullo e ilusión”, afirmou. 

Durante a súa intervención, o conselleiro de Cultura  tamén fixo un chamamento para que “todos os partidos da Cámara” se unan e traballen “con honestidade” xunto coa Xunta de Galicia e o Goberno do Estado neste territorio “para consolidar o seu gran potencial desta paisaxe que conta cun gran futuro e que é hoxe máis coñecido que nunca”. “Estou seguro de que estamos preto de conseguir o noso obxectivo, pero precisamos a implicación de todos neste proxecto de país no que xa están involucrados decenas de axentes e máis de 60.000 veciños. 

En paralelo ao traballo na candidatura, o Goberno galego continuará avanzando nos distintos plans que ten en marcha para este territorio como o Plan Ribeira Sacra, a folla de ruta dotada con 34 millóns de euros que inclúe a diversos departamentos da Xunta de Galicia vencellados coa ordenación do territorio, a promoción turística ou a conservación do patrimonio e dos valores, xunto a outros como o Plan de Sustentabilidade Turística ou os avances cara a declaración de Reserva da Biosfera. Ademais, o obxectivo é complementar estas medidas co proxecto presentado aos fondos europeos Next Generation para actuar sobre este territorio e que aspira a captar 40M€.

ÚLTIMAS

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...

Xa se poden pedir permisos de queimas dende o móbil

Os usuarios e usuarias da aplicación móbil XuntaEu que seleccionen o botón “Contacta coa...