HomesociedadeEste 28 de xuño ábrese o prazo de matrícula nos Cursos de...

Este 28 de xuño ábrese o prazo de matrícula nos Cursos de Verán do Conservatorio de Monforte

O prazo de inscrición será do 28 de xuño ó 9 de xullo, e do 3 ó 10 de agosto. O prezo único por persoa é de 25 euros e inclúe poder elixir ata 2 materias. Ofértanse cursos de instrumentos, música e movemento e danza, con actividades dirixidas a nenos e nenas a partir de 4 anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O prezo dos cursos de verán de danza e música, que se desenvolverán no Conservatorio Municipal “Mestre Ibañez” será, para todos os casos, de 25 euros, e neste prezo inclúese que os alumnos e alumnas poderán elixir ata un máximo de dúas materias, de música, danza ou ambas. Do mesmo xeito, poderán participar en máis materias cubrindo outra solicitude. O nivel das diferentes materias será de iniciación, medio ou avanzado.

horario de desenvolvemento dos Cursos serán en horario de mañá, repartido por grupos e niveis, entre as 10 e as 13 horas. As clases das materias inscritas terán unha duración de unha hora, que se comunicará previamente, agás o Curso de música e movemento que se desenvolverá nun só grupo de 11 a 13 horas. O prazo de inscrición abrirase a partir do vindeiro luns 28 de xuño ata o 9 de xullo, e do 3 ó 10 de agosto. 

A inscrición realizarase na ventanilla de secretaría do Conservatorio en horario de mañá, aportando a solicitude e impreso de autoliquidación debidamente cubertos,  copia do dni do alumno, e o recibo da taxa aboada. Tamén se pode enviar a documentación por correo electrónico: cursos.musicaedanza@concellodemonforte.com.

Os cursos desenvolveranse tanto no mes de xullo coma no de agosto, ao que o Alcalde, José Tomé Roca, sinala que “dende o Equipo de Goberno do Concello, e dada a situación que seguimos a vivir por mor do COVID-19, decidimos manter a celebración destes cursos nos meses de xullo e de agosto, motivados polas necesidades de conciliación familiar dos monfortinos e monfortinas así como para que  nenos e nenas poidan disfrutar dunhas vacacións activas practicando, como é neste caso, actividades tanto lúdicas coma formativas relacionadas coa danza e a música”.

Materias

As MATERIAS DE INSTRUMENTO estarán dirixidas a alumnos e alumnas a partir de 6 anos de idade e constará de obradoiros de práctica instrumental de especialidades como, guitarra, violín, piano, saxofón, clarinete, frauta, trompa, trompeta, trombón, gaita, percusión moderna (batería) e percusión tradicional galega (pandeireta, pandeiro, tambor..).

Para inscribirse nas materias de instrumento será indispensable que o alumno aporte o seu propio instrumento persoal, agás en piano e percusión. 

En piano será preciso traer auriculares, así como un xogo de pinturas nos alumnos e alumnas de ata 7 anos. No caso da percusión, será preciso traer un par de baquetas.

O curso de MÚSICA E MOVEMENTO está dirixido especificamente a nenos e nenas de entre 4 e 5 anos. Constará dun taller específico e combinado de música e movemento, no que os alumnos e as alumnas iniciaranse na educación rítmica, vocal e auditiva. Neste taller os alumnos e as alumnas terán que aportar como material propio lapis, goma, afialapis e un xogo de pinturas.

Poderanse incrementar as prazas en música e movemento en función da situación sanitaria no momento da inscrición.

Polo que respecta á DANZA, estará dirixida tanto a nenos e nenas como a xóvenes en xeral nas súas distintas modalidades. Formaranse distintos obradoiros por idades en danza tradicional galega, moderna e clásica

ÚLTIMAS

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía...

O Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de “Mulleres que viven soas”

Representarase a obra, Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula...

Unanimidade en Chantada para esixir unha cobertura sanitaria suficiente

Antom Fente, voceiro de Por Chantada-IGV, manifestaba satisfacción pola unión de todas as forzas...

O empresario orixinario de Pantón, Gerardo Rodríguez, segue levando o sabor de Galicia a Madrid

Anos despois seguíulle dando forma ao seu proxecto e puxo en marcha no 2018...