HomesociedadeCadea humana en Monforte para "Salvar o Malecón"

Cadea humana en Monforte para “Salvar o Malecón”

Este domingo celebrouse na contorna do malecón de Monforte a cadea humana que convocaba a plataforma cidadá Salvemos o Malecón para manifestar a defensa da pasarela de madeira actual e os valores paisaxísticos, ambientais e urbanos do Malecón e a necesidade de pechar a Ponte Vella.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

plataforma cidadá Salvemos o Malecón organizou unha cadea humana rodeando o Malecón para manifestar a defensa da pasarela de madeira actual e os valores paisaxísticos, ambientais e urbanos do Malecón, a necesidade de pechar a Ponte Vella ao tráfico rodado e ao mesmo tempo a oposición da veciñanza á construción dunha nova ponte entre o Malecón e o barrio de Ramberde.

A concentración celebrouse entre as 12:30h e as 14:30h nas Rúas do Malecón e o Paseo de Ramberde de Monforte. Informouse tamén das medidas de seguridade antiCOVID que se terán en consideración.

Desde a plataforma convidan a todos os veciños de Monforte e a súa contorna a consultar nas próximas semanas as súas redes sociais onde informarán das novidades acerca destes actos de concienciación ambiental.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...