HomesociedadeCadea humana en Monforte para "Salvar o Malecón"

Cadea humana en Monforte para “Salvar o Malecón”

Este domingo celebrouse na contorna do malecón de Monforte a cadea humana que convocaba a plataforma cidadá Salvemos o Malecón para manifestar a defensa da pasarela de madeira actual e os valores paisaxísticos, ambientais e urbanos do Malecón e a necesidade de pechar a Ponte Vella.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A plataforma cidadá Salvemos o Malecón organizou unha cadea humana rodeando o Malecón para manifestar a defensa da pasarela de madeira actual e os valores paisaxísticos, ambientais e urbanos do Malecón, a necesidade de pechar a Ponte Vella ao tráfico rodado e ao mesmo tempo a oposición da veciñanza á construción dunha nova ponte entre o Malecón e o barrio de Ramberde.

A concentración celebrouse entre as 12:30h e as 14:30h nas Rúas do Malecón e o Paseo de Ramberde de Monforte. Informouse tamén das medidas de seguridade antiCOVID que se terán en consideración.

Desde a plataforma convidan a todos os veciños de Monforte e a súa contorna a consultar nas próximas semanas as súas redes sociais onde informarán das novidades acerca destes actos de concienciación ambiental.

ÚLTIMAS

Máis de 550 participantes inscritos para o QTC 2027

Conta atrás para a celebración do Quiroga Trail Challenge 2027, proba que conta xa...

Tomé presenta uns Orzamentos de 21,5M€ incrementándose nun 16% con respecto ao 2025

O orzamento será sometido a debate e aprobación no Pleno municipal do vindeiro luns...

O BNG de Monforte esíxelle ao Concello solucións para as traballadoras da limpeza nos colexios públicos

A formación nacionalista lembra que xa preguntou no anterior pleno pola situación destas traballadoras...

O Centro Comercial Ponte Vella dálle a benvida ao Nadal

O C.C. Ponte Vella dará a benvida á Nadal hoxe co acto simbólico de...