HomesociedadeInaugurado o renovado parque infantil do Palomar en Escairón

Inaugurado o renovado parque infantil do Palomar en Escairón

As instalacións dispoñen dunha tirolina, iluminación nocturna LED, e de dúas zonas de merendas para acompañantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde do Saviñao, Carlos Armesto, inaugurou oficialmente o parque infantil do Palomar. O núcleo urbano de Escairón conta así cunhas instalacións totalmente renovadas, situadas na rúa Xan de Forcados, e nas que a entidade local investiu 102.000 euros, financiados na súa totalidade con fondos propios.

A obra tivo varias melloras, das que o rexedor destaca, principalmente, a iluminación nocturna tipo LED. A renovación incluíu o parque infantil completo con chan en caucho para protexer aos usuarios das caídas, a instalación de distintos elementos de xogo e, como compoñente novidoso, a montaxe dunha tirolina e equipación complementaria como dúas zonas de merendas para acompañantes.

Dende o goberno local indican que o obxectivo era “dotar dun espazo seguro e útil para os nosos nenos e nenas que, como todos sabemos, xa están desfrutando as súas vacacións escolares”. “É un lugar máis de ocio que poñemos en marcha no Saviñao, co fin de crear alternativas lúdicas e facer atractivo o noso núcleo urbano tamén para todos os que nos visiten durante os meses de verán”, sinala Armesto.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...